Skip to main content
  • USC

A USC súmase ao manifesto da CRUE con motivo do Día Internacional da Convivencia en Paz

O compromiso da USC coa paz reafírmase co seu sistema de convivencia. Foto: Santi Alvite
O compromiso da USC coa paz reafírmase co seu sistema de convivencia. Foto: Santi Alvite
Un compromiso que se reafírma co sistema de convivencia da USC

A Universidade de Santiago súmase este 16 de maio, Día Internacional da Convivencia en Paz, ao manifesto publicado pola CRUE no que reafirma “o seu compromiso coa convivencia pacífica e o respecto mutuo con miras a promover a paz, a tolerancia, a inclusión, a comprensión e a solidariedade”.

No caso da USC ese compromiso reafírmase co sistema de convivencia aprobado a comezos do pasado ano que establece normas que fomentan a utilización preferente de modalidades alternativas de resolución de conflitos que poidan alterar a convivencia ou que impidan o normal desenvolvemento das funcións esenciais de docencia, investigación e transferencia do coñecemento.

Así, esas normas de convivencia da USC procuran “garantir os dereitos da comunidade universitaria e fomentar a inclusión, a diversidade e a tolerancia dentro e fóra das aulas”, en sintonía co manifestado hoxe pola CRUE, que asegura que “especialmente nas institucións de educación superior, que non son senón espazos de diversidade nos que converxen persoas con diferentes orixes, culturas, crenzas, perspectivas e ideoloxías, é esa diversidade a que enriquece a nosa contorna académica”.

The contents of this page were updated on 05.16.2024.