Skip to main content

A estudante de Bioloxía Lara Quinteiro Fernández, premio do Consello Social ás prácticas externas extracurriculares mellor valoradas

O premio do Consello Social está dotado con 1.500 euros
O premio do Consello Social está dotado con 1.500 euros
A alumna realizou as prácticas na Estación de Viticultura e Enoloxía de Galicia

O Consello Social da USC vén de recoñecer á estudante do grao de Bioloxía da USC Lara Quinteiro Fernández co premio ás prácticas externas extracurriculares mellor valoradas, que esta alumna realizou na Estación de Viticultura e Enoloxía de Galicia (Evega-Agacal) entre o 2 de xaneiro e o 2 de febreiro deste ano. 

O premio, que ten en conta a valoración das prácticas por parte da titora ou titor externo, está dotado cunha contía económica de 1.500 euros e un diploma acreditativo. 

The contents of this page were updated on 05.24.2024.