Skip to main content

Semana intensa de actividade para o Espazo de Danza da USC

Semana intensa de actividade para o Espazo de Danza da USC
Semana intensa de actividade para o Espazo de Danza da USC

O Espazo de Danza da USC que dirixe Juan Carlos Zahera realizará nos vindeiros días diversas intervencións coreográficas e actividades na cidade de Compostela.

A primeira actuación da Compañía de Danza será este venres 17, ás 11.00 horas no Teatro Principal, no marco do programa ‘Stat Wars: o espertar dos datos’ na Semana da Ciencia. Trátase dunha actividade liderada pola Universidade de Santiago en coordinación coa Universidade Carlos III de Madrid e que conta co apoio da Rede Nacional de Bioestatística e o co financiamento da FECYT. Colaboran ademais o Concello de Santiago de Compostela e a empresa Biostatech S.L. Xa o sábado actuarán no Foro EmocionA que terá lugar no Palacio de Congresos e Exposicións de Galicia.

Por último, enmarcada nas actividades do Curso de Bailes Latinos, o Espazo de Danza organiza a proxección da película ‘El Benny’ o luns 20 ás 19.30 horas no Salón de actos da Facultade de Filosofía.

The contents of this page were updated on 11.16.2017.