Organizer: Escola Politécnica Superior
O curso ten un enfoque eminentemente práctico, coa realización de prácticas dirixidas polo profesor para que o estudante teña un coñecemento xeral do programa, e poida iniciar e realizar os seus propios debuxos.
MODALIDADE: Presencial e virtual (asíncrona).
PÚBLICO OBXECTIVO: Alumnado de grao e máster ou aqueles estudantes que durante a súa formación non puideron cursar algunha materia de CAD.
CONTIDO: Coñecer e adquirir os coñecementos básicos dun programa de deseño asistido por computador, AutoCAD, para o debuxo e elaboración de obxectos e planos para un proxecto de enxeñería.
PROGRAMA:
1.- Introdución- Deseño para a enxeñería e Fundamentos de Autocad. Contorna de traballo. Interface. Unidades. Sistema de Coordenadas. Métodos de selección de obxectos. Liña de Comandos. Ferramentas de visualización.
2.- Ferramentas de debuxo e modificación en Autocad. Comandos de edición: debuxo de líneas, Polilineas e Rectángulo. Debuxando con Object Snap. Matriz e Reixa. Comandos de modificación: mover, rotar, copiar, desprazar. Ferramentas de medida.
3.- Capas e anotación: bloques, capas(Layers), textos, anotación. Referencias a obxectos.
4.- Debuxo de planos. Escala. Presentación. Exportación.
COORDINA: María José Iniesto Alba
IMPARTE: Francisco Javier López González, Patricia Tato Sánchez del Valle e Adriana Conde Fernández, profesorado da Área de Expresión Gráfica na Enxeñaría da USC.
PRAZAS: limitadas 20.