Skip to main content

Seminario web con inscrición previa

Buscar en Web of Science e gardar as consultas (nivel básico)

09.17.2025 | 14.00h-15.00h

O II Ciclo de Formación Online da base de datos Web of Science, organizado pola FECYT xunto con Clarivate, terá lugar durante o segundo semestre do ano (xullo-decembro), co obxectivo de dar a coñecer as actualizacións, cambios e novidades desta base de datos, por medio de varias sesións gratuitas, en español, de 60 minutos de duración.

Aberta a inscrición para os cursos de WOS de setembro
Aberta a inscrición para os cursos de WOS de setembro

Para participar nas sesións é  imprescindible rexistrarse co correo electrónico institucional, xa que as inscricións realizadas con emails comerciais serán rexeitadas.  As sesións serán gravadas e, ao día seguinte, poderá consultarse o vídeo da sesión, así como acceder ao material da formación.  

Os obxectivos de aprendizaxe desta sesión son:

  • Traballar cunha conta persoal para gardar o meu traballo
  • Buscar un tema con operadores booleanos
  • Utilizar o meu historial para gardar buscas e crear alertas
  • Gardar a bibliografía en listas marcadas

Apúntate ao webinar picando neste enlace.

As bases da convocatoria oficial de formación e as instrucións para obter o certificado, atópanse nesta páxina da FECYT.

The contents of this page were updated on 09.03.2025.