Skip to main content

A biblioteca de Filoloxía organiza a exposición ‘Poemas nas nosas linguas’ con motivo do Día Europeo das Linguas

O Día Europeo das Linguas celébrase o día 26 de setembro
O Día Europeo das Linguas celébrase o día 26 de setembro
O xoves día 26 inaugurarase a exposición cun recital multilingüe titulado ‘Ven recitar un poema’

A biblioteca de Filoloxía organiza do 23-30 de setembro a exposición ‘Poemas nas nosas linguas’ que recolle unha selección de poemas das distintas linguas que se estudan na Facultade. Esta mostra organízase con motivo do Día Europeo das Linguas que se celebra o 26 de setembro.

O xoves día 26, a partir das 10.00 h. e con motivo da súa presentación, organizarase un pequeno recital multilingüe titulado ‘Ven recitar un poema’. Serán poemas cortos, de escolla libre e dunha extensión máxima de 100-150 palabras.

O Día Europeo das Linguas
O Consello de Europa e a Unión Europea organizan de forma conxunta a celebración do Día Europeo das Linguas cada 26 de setembro, co obxectivo de celebrar a diversidade cultural en Europa e promover o aprendizaxe de distintas linguas.

Nesta iniciativa participan numerosas institucións e asociacións con intereses culturais e lingüísticos, así como universidades e centros escolares. As actividades levadas a cabo neste día céntranse en sensibilizar sobre a riqueza lingüística europea e fomentar a diversidade cultural.

Para obter máis información sobre o Día Europeo das Linguas pica nesta ligazón.

The contents of this page were updated on 09.23.2024.