Skip to main content

Recoñecementos para unha egresada e unha profesora de Enfermaría

A Facultade de Enfermaría da USC está de parabéns estes días ao sumar dous novos recoñecementos por investigacións realizadas no seno do centro.

A graduada Jessica Maneiro González recolleu en Madrid un dos premios ‘Enfermería en Desarrollo 2017’ que lle foi outorgado polo seu traballo ‘Coñecemento do profesorado de Educación Primaria sobre atención inicial ao neno accidentado’ no que propón fórmulas para mellorar a resposta dos profesores ante un accidente.

Os gañadores e finalistas destes galardóns foron elixidos entre as 218 candidaturas presentadas por enfermeiras/os e fisioterapeutas, persoal investigador e xestor, estudantes, unidades de enfermaría, asociacións profesionais e de pacientes de toda España e de países como Francia, Arxentina, Guatemala e México.

Investigación sobre o VIH
Así mesmo, a profesora da Facultade de Enfermaría Isabel Campos Varela recibiu onte de mans do conselleiro de Sanidade, Jesús Vázquez Almuiña, un dos premios de investigación sobre o VIH e outras infeccións de transmisión sexual que outorga o Goberno galego con motivo do día mundial desta enfermidade que se conmemora o 1 de decembro.

A profesora Campos acadou o segundo premio polo seu artigo ‘Tratamento de la hepatite recurrente grave despois do transplante de figado en pacientes infectados con VIH que usan terapia baseada en sofosbuvir’.

The contents of this page were updated on 11.29.2017.