Skip to main content

Peche do depósito e das salas de lectura da biblioteca de Xeografía e Historia

As salas e o depósito da biblioteca da facultade de Xeografía e Historia pecharán do 9 de outubro ao 15 de novembro debido ao traslado de fondos.
As salas e o depósito da biblioteca da facultade de Xeografía e Historia pecharán do 9 de outubro ao 15 de novembro debido ao traslado de fondos
Ambos espazos permanecerán pechados do 9 de outubro ao 15 de novembro debido aos problemas estruturais no depósito que obrigan ao traslado dos fondos

As salas e o depósito da biblioteca da facultade de Xeografía e Historia pecharán do 9 de outubro ao 15 de novembro debido ao traslado urxente de fondos ao edificio anexo da cafetería e á facultade de Filosofía. A finalidade deste traslado é alixeirar o peso nos depósitos de libros que actualmente presentan graves problemas estruturais

O préstamo será servido nun mostrador provisional que estará situado preto do acceso ao claustro pola escalinata principal da facultade, no segundo andar. Todos os libros terán que ser reservados utilizando o catálogo en liña cun día de antelación. A devolución realizarase no mesmo mostrador. As solicitudes a outras bibliotecas da USC levaranse a cabo do mesmo xeito.

O préstamo interbibliotecario, que son os libros solicitados a outras institucións para a súa consulta e que non se pode prestar, terán que ser consultados na biblioteca de Filosofía durante ese período. O resto de documentación non prestable do punto de servizo non se poderá consultar salvo excepcións xustificadas.

O envío das dixitalizacións de artigos e capítulos de libro poderá sufrir retrasos debido ao traslado dos fondos.

The contents of this page were updated on 10.09.2024.