- Entity
- USC
- Application start date
- Application end date
Axudas ao Estudantado
Requisitos:
- Estar matriculado/a no curso 2024/25 en estudos conducentes á obtención dun título
oficial de grao ou mestrado en calquera centro da USC.
- Non estar en posesión ou en condición de posuír un título do mesmo ou superior nivel
ao dos estudos nos que se matricula para solicitar a axuda.
- Formalizar matrícula de, polo menos, 30 créditos, ou no caso de estudos de grao,
formalizala dos créditos restantes para rematar os estudos.
- Non poderá participar o estudantado que estea cursando na USC un programa de
mobilidade entrante nacional ou internacional, así como o estudantado da USC que na
data de remate do prazo de solicitude se atope cursando un programa de mobilidade
noutra universidade.
Os requisitos económicos referiranse á Renda Persoal Dispoñible (RPD) da persoa
solicitante, que non poderá superar os 9.000 euros, segundo o procedemento de cálculo
que se indica no primeiro punto deste apartado, así como á existencia de situacións
laborais e económicas de especial gravidade posteriores ao ano 2023 previstas no
segundo punto, que haberán de xustificarse documentalmente. Neste último suposto,
poderase optar ás axudas aínda que no exercicio correspondente para o cálculo da
RPD se superasen os 9.000 euros.