Skip to main content

Aberto ata o 3 de novembro o prazo para inscribirse no evento de divulgación científica do Campus de Lugo DivúlgaT

O prazo para inscribirse nesta iniciativa permanece aberto ata o 3 de novembro
O prazo para inscribirse nesta iniciativa permanece aberto ata o 3 de novembro
O certame que chega á súa novena edición está aberto a calquera persoa con actividade investigadora no Campus Terra que queira presentar nun prazo máximo de dez minutos algún aspecto do seu traballo de investigación
Lugo

A asociación de persoal investigador AgroMar lanza unha nova edición do DivúlgaT, un certame que baixo o lema ‘Petiscos de divulgación científica’ pretende dar a coñecer as diversas liñas de investigación que se desenvolven no Campus de Lugo potenciando o uso do galego á hora de divulgar. O prazo para inscribirse nesta iniciativa permanece aberto ata o 3 de novembro a través dun formulario en liña.  

O certame que chega á súa novena edición está aberto a calquera persoa con actividade investigadora no Campus Terra que queira presentar nun prazo máximo de dez minutos algún aspecto do seu traballo de investigación, as liñas que desenvolve o grupo ao que pertence ou algún elemento da súa área de coñecemento que poida ter interese público. 

AgroMar é unha agrupación de persoal investigador en formación que agroma dentro do Campus Terra da USC, co obxectivo principal de resaltar a importancia da pescuda no eido da produción agroforestal e na saúde e sanidade animal.

 

The contents of this page were updated on 10.28.2024.