11.25.2024 | 10.00h-11.15h
Elsevier e a FECYT organizan unha serie de formacións online da base de datos Scopus, gratuítas e en español. Nelas daranse a coñecer as últimas actualizacións e novidades da base de datos, así como as funcionalidades deseñadas para as institucións.
A formación está dirixida tanto a estudantes como a investigadores e para inscribirse é necesario utilizar un correo electrónico institucional.
Neste primeiro curso farase unha introdución á plataforma:
- Que é Scopus, a súa relevancia e cobertura
- Acceso, creación de conta e rexistro
- My Scopus: Alertas, gravación de listas e buscas
- Buscas simples e por materia
Esta sesión está dispoñible en horario de mañá, de 10 a 11:15 , e de tarde, de 15 a 16:15.
Podes inscribirte neste enlace