Skip to main content

This portal uses its own or third-party cookies for analytical purposes, as well as links to third-party portals in order to share content on social networks. You can get more information in the cookies policy.

Seminario web con inscrición previa

Curso 2. Scopus: buscas e análise de resultados

03.20.2025 | 10.00h-11.15h

Elsevier e a FECYT organizan unha serie de formacións online da base de datos Scopus, gratuítas e en español. Nelas daranse a coñecer as últimas actualizacións e novidades da base de datos, así como as funcionalidades deseñadas para as institucións.

Para inscribirse nas sesións é necesario utilizar o correo electrónico institucional
Para inscribirse nas sesións é necesario utilizar o correo electrónico institucional

A formación está dirixida tanto a estudantes como a investigadores e para inscribirse é necesario utilizar un correo electrónico institucional.

Os contidos desta segunda sesión serán os seguintes:

  • Como usar os filtros de refinamento.
  • Como organizar e detectar a relevancia dos documentos con métricas tradicionais e complementarias.
  • Como gardar buscas e crear alertas.
  • Como ampliar ou limitar os resultados.
  • Descarga e exportación de documentos.

A inscrición xa se atopa aberta e será requisito indispensable para obter o certificado FECYT, respostar ao 100% das cuestións plantexadas polos formadores durante a sesión en directo.

Esta sesión está dispoñible en horario de mañá, de 10 a 11:15 , e de tarde, de 15 a 16:15. Podes atopar as bases completas da convocatoria do curso nesta páxina da Fecyt.

Podes inscribirte neste enlace

The contents of this page were updated on 03.04.2025.