11.21.2024 | 12.30h
O Día Internacional da Filosofía, 21 de novembro, conmemórase este ano na Facultade de Filosofía compostelá cun encontro que se vai desenvolver este mesmo xoves 21 a partir das 12.30 no Salón de Actos con ex estudantes do centro. Este evento ten lugar no marco das celebracións polos 50 anos dos estudos de Filosofía en Galicia, conmemorando a creación dunha facultade universitaria na USC para ofrecer especificamente estes estudos.