O investigador da Universitat Oberta de Catalunya Tomás Sánchez Criado imparte este xoves, 21 de novembro, ás 13.30 horas, a conferencia 'Prototipos para un Departamento de Umbroloxía: a calor como un asunto que pensar coas mans'.
Trátase da cuarta sesión deste semestre da programación 2024-2025 do Seminario de Futuros Urbanos do Grupo ANTE e terá lugar na Aula 18 da Facultade de Xeografía e Historia. Tamén se poderá participar deste evento de maneira remota sumándose á sala habilitada en Microsoft Teams coa Id. da reunión: 375 232 635 545 e código de acceso: Wo6GC9px
Antropólogo da ciencia e a tecnoloxía, Tomás Sánchez Criado actualmente traballa como investigador sénior Ramón y Cajal no grupo CareNet-IN3 da Universitat Oberta de Catalunya. No seu traballo etnográfico e de implicación pública indagou sobre distintas formas de política material e do coñecemento en ambientes nos que se invoca o coidado como modo de intervención urbana; xa sexa como unha forma peculiar de activismo tecnocientífico (democratizando saberes, prácticas de deseño e infraestruturas) ou como unha práctica coa que articular ecoloxías de apoio (urbanismo accesíbel; plans de mitigación da calor urbana).
Seminario de Futuros Urbanos
Conferencia de Tomás Sánchez Criado: 'Prototipos para un Departamento de Umbroloxía'
11.21.2024 | 13.30h