Skip to main content

Facom Fest

'Contar historias como modo de supervivencia', relatorio a cargo de Javier Ferreiro

11.21.2024 | 19.00h

Lugo
Casa do Saber

O acto desenvólvese na Casa do Saber. FOTO: Santi Alvite
O acto desenvólvese na Casa do Saber. FOTO: Santi Alvite

A terceira edición do festival de contidos audiovisuais no que o estudantado galego é protagonista, o Facom Fest, dará visibilidade ao traballo e creatividade da mocidade dos centros galegos, alén de albergar actividades que serán desenvolvidas en colaboración con profesionais do sector.

Deste xeito, este xoves 21 de novembro, antes do inicio oficial do festival, terá lugar a charla titulada 'Contar historias como modo de supervivencia', que será impartida por Javier Ferreiro na Casa do Saber, en Lugo, ás 19.00 horas. Nesta actividade, Ferreiro falará sobre a súa andaina no sector audiovisual, os procesos creativos e a importancia da diversidade nos seus traballos. Ademais, animará o público a participar nos visionados e actividades programadas do festival. 

Javier Ferreiro, recoñecido polo seu traballo como guionista en Vestidas de azul ou na creación da serie Mariliendre, nova aposta de ficción de Atresmedia, liderará esta iniciativa que busca conectar co público lucense.
 

The contents of this page were updated on 11.19.2024.