Skip to main content

Consello de Goberno

11.25.2024 | 09.30h

Salón Reitoral

O Consello de Goberno reúnese o luns 25 no Colexio de San Xerome
O Consello de Goberno reúnese o luns 25 no Colexio de San Xerome

O Consello de Goberno da Universidade de Santiago reúnese o luns 25, a partir das 9.30 horas no Salón Reitoral do Colexio de San Xerome para tratar diversas cuestións, case na súa totalidade referidas a planificación académica e titulacións.

Deste xeito, a xuntanza iniciarase sometendo a aprobación a modificación do Regulamento de Planificación Académica e o calendario de Planificación Académica Anual do curso académico 2025/2026. O regulamento de asistencia a clase nas ensinanzas oficiais de grao e mestrado da USC é outro tema a tratar, así como a adscrición funcional de materias de grao e mestrado a departamentos e áreas de coñecemento. 

As propostas de modificacións non substanciais de memorias de grao e mestrado para implantar no curso 2025-2026 e as declaracións de intencións de modificacións substanciais de titulacións de grao, mestrado e doutoramento para o curso 2026-2027 serán outros asuntos da sesión, na que tamén se debaterá sobre o Regulamento do TFG do Grao en Xestión Cultural e se elixirá director en funcións do Departamento de Bioloxía Funcional.

Convenios, cursos de estudos propios e memorias e asuntos económicos completan a orde do día da xornada. 
 

The contents of this page were updated on 11.20.2024.