A ferramenta Write-N-Cite deixará de ter soporte a finais de decembro
Os usuarios deberán actualizar o complemento Refworks Citation Manager para Word. A comunidade da USC atopará no Word 365, tanto na versión para navegador como na de escritorio, a lapela RCM no menú principal.
A finais de decembro, a ferramenta de Refworks para Microsot Word, Write-N-Cite (WnC) deixará de ter soporte. É necesario que as persoas que utilicen esta ferramenta actualicen o complemento Refworks Citation Manager (RCM).
RefWorks Citation Manager (RCM) é un complemento para Microsoft Word que permite executar unha versión simplificada de RefWorks dentro de Word. RCM é unha versión máis nova e moderna de Write-N-Cite. A comunidade da USC atopará no Word 365, tanto na versión para navegador como na de escritorio, a lapela RCM no menú principal.
Nesta páxina tes todos os detalles para realizar a migración: Write-N-Cite (WnC) to RefWorks Citation Manager (RCM) Migration
Tamén podes consultar a guía da BUSC sobre Refworks.