Skip to main content

Estrea do documental 'MIGRACIóNS' en Lugo

12.03.2024 | 20.00h

O Vello Cárcere
Lugo

Instante da peza 'MIGRACIóNS'
Instante da peza 'MIGRACIóNS'

O Espazo de Danza da USC, baixo a dirección de Juan Carlos Zahera, estrea o documental MIGRACIóNS o martes 3 de decembro, no Auditorio do Vello Cárcere ás 20.00 horas. Filmado no mes de abril dentro do XXII Encontro de Danza da USC no Museo Interactivo da Historia de Lugo (MHL), coa Compañía de Danza e a coreografía de Rosa Acuña, a realización, edición e montaxe do documental corre a cargo de Juan Moredo, con guión de J.Carlos Zahera e tendo como participantes, na voz, a Iria Estevez, e na autoría da poesía, a Sabela R. Campos. 

As bailarinas dos campus de Santiago, Lugo e a Compañía Sen Vergoña son: Manuela Cividanes, Alexandra Clista, Uxía Felpeto, Aroa García, Ziggi Iglesias, Xonxa López, Arrate Núñez, Sara Sanz, Alicia Collazo, Lucía Fernández, Inés Fernández, Andrea Gil, Ayla Leiva, Sonia L. Pumarega, Loli Besteiro, Minda Méndez, Rosa Menéndez, Sabela R. Campo e Bea Ovalle. A produción correu a cargo da Vicerreitoría de Estudantes e Cultura.

Despois da proxección haberá un coloquio no que participarán o director da compañía, a coreógrafa, a interprete da voz e a autora da poesía, xunto co realizador, montador e editor do documental. No acto desenvolverase unha pequena intervención realizada polos membros do novo Curso de Voz e Movemento da USC. 

 

The contents of this page were updated on 11.22.2024.