O Observatorio Astronómico organiza un obradoiro para ver o ceo nocturno a través de prismáticos e telescopios
Ofértanse cincuenta prazas e o período de matrícula xa está aberto desde este venres
O Observatorio Astronómico Ramón María Aller da USC organiza, en colaboración coa Facultade de Óptica e Optometría, un obradoiro de prismáticos e telescopios para examinar o ceo nocturno que se desenvolverá o xoves 28 de novembro, e o luns 2 e o martes 3 de decembro en horario de 19.30 a 21.00 horas. A primeira das xornadas desenvolverase na Aula Magna da Facultade de Óptica e Optometría.
O prazo de matrícula nesta actividade xa está aberto e ofértanse un total de 50 prazas. Para inscribirse é preciso enviar un correo electrónico a oasec [at] usc.gal (oasec[at]usc[dot]gal) indicando nome e apelidos, DNI e facultade ou centro ao que está adscrita a persoa interesada.