Enmarcada nas actividades programadas polo 50 aniversario da Facultade de Filoloxía, o xoves 5 de decembro inaugurarase no centro a exposición Luís de Camões (1524-1580) nos fondos bibliográficos da Universidade de Santiago de Compostela. O acto, programado para ás 12.00 horas, contará coa presenza do vicerreitor de Transformación Dixital e Innovación, Gumersindo Feijoo Costa, e a directora da Biblioteca Universitaria, Mabela Casal.
Na mostra exporanse libros de diversos tempos, como primeiras edicións como das Rimas; edicións do Instituto de Estudos Portugueses da USC da década dos trinta do século XX que inclúen textos camonianos, exemplares como os que no seu día utilizarían Sarmiento ou Murguía, na súa atención camonista; ou Gómez Tonel, Cornide, Rosalía de Castro, Eduardo Pondal ou Florencio Vaamonde que, ao longo da historia de Galicia, acudiron á súa obra para elaborar as súas propias composicións ou para gozar da súa lectura.
Trátase de máis cincuenta exemplares que dan mostran da atención constante da USC a esta figura das letras portuguesas de orixe galega, de que se conmemora o quinto centenario do seu nacemento.
A exposición poderá visitarse no centro ata o 31 de xaneiro, de luns a venres en horario de 8.30 e 20.30 horas.