06.26.2025 | 09.00h
O XXI Congreso Ibérico 'A bicicleta e a cidade' desenvólvese entre o 26 e o 29 de xuño de 2025 en dúas sedes, a Facultade de Filoloxía compostelá e o Auditorio de Galicia. A organización do congreso, que corre a cargo da Coordinadora en Defensa da Bici (ConBici) e da Federação Portuguesa de Cicloturismo e Utilizadores de Bicicleta, pretende demostrar o potencial transformador da bicicleta en cidades de tamaño mediano ou pequeno e fortalecer a rede de colaboración entre institucións, cidadanía e especialistas para avanzar cara a cidades máis sostibles e habitables.