Skip to main content

Abre o prazo de matrícula do curso avanzado de Competencias en Información do segundo semestre para estudantes de grao

A matrícula para a segunda edición do curso avanzado estará aberta ata o 5 de marzo
A matrícula para a segunda edición do curso avanzado estará aberta ata o 5 de marzo
O estudantado poderá matricularse desde o 19 de febreiro a través da Secretaría Virtual da USC. A superación do curso permite obter 1 crédito ECTS
Lugo, Santiago de Compostela

O 19 de febreiro comeza o prazo de matrícula da segunda edición do curso avanzado de Competencias en Información para alumnado dos últimos cursos de grao, que estará aberto ata o 5 de marzo. O curso desenvolverase entre o 10 de marzo e o 11 de abril.

A matrícula realízase a través da Secretaría Virtual da USC en “Actividades cursos e probas" » "Oferta" » “Cursos de Competencias en Información (CCI)” (premer para ver as instrucións). O alumnado deberá escoller a actividade dirixida á súa titulación, segundo a área de coñecemento na que se encadre:

  • BUSC.2425.4. Competencias en información para TFG. Nivel Avanzado. Ciencias Sociais e Xurídicas. 2ª Ed.
  • BUSC.2425.6. Competencias en Información para TFG. Nivel Avanzado. Artes e Humanidades. 2ª Ed.
  • BUSC.2425.8. Competencias en Información para TFG. Nivel Avanzado. Ciencias e Enxeñarías. 2ª Ed.
  • BUSC.2425.10. Competencias en Información para TFG. Nivel Avanzado. Ciencias da Saúde. 2ª Ed.

A superación do curso permite obter 1 crédito ECTS e a BUSC emitirá un diploma acreditativo da superación deste curso, que será enviado por correo electrónico ao alumnado, logo de que finalice a actividade.

Neste segundo semestre a BUSC imparte, tamén, o curso de Competencias en Información para a investigación, dirixido ao estudantado de doutoramento. Esta actividade formativa está enmarcada na oferta da EDIUS e desenvolverase entre o 25 de marzo e o 30 de abril. O prazo de matrícula permanecerá aberto entre o 11 e o 18 de marzo.

Para coñecer os obxectivos, contidos e metodoloxía de avaliación dos cursos, consulta as guías do Curso Avanzado de formación en Competencias en Información e o Curso Experto en Competencias en Información.

The contents of this page were updated on 02.19.2025.