A biblioteca da Facultade de Ciencias da Educación (Campus Norte) acolle esta instalación artística realizada por estudantes do grao en Mestre/a de Educación primaria e coordinado pola docente Cristina Trigo Martínez.

EnfrascArte na Educación: Manifesto colectivo é unha instalación artística realizada por estudantes da materia Educación Visual e Plástica II: Procesos e proxectos artísticos (3º grao en Mestre/a de Educación Primaria, quenda da mañá) e coordinado pola docente Cristina Trigo Martínez, que se centra na escolla dun tema relacionado coa educación. A proposta consiste en crear un autorretrato “enfrascado” incluindo obxectos ou elementos que representen o concepto elixido.
A exposición poderá visitarse ata o 7 de marzo na biblioteca da Facultade de Ciencias da Educación do Campus Norte.