Día do Libro na BUSC

Con motivo do Día do Libro, a BUSC convida á comunidade universitaria a crear, de xeito colaborativo, un panel no que cada persoa comparta a cuberta do seu libro favorito. O prazo para participar nesta actividade, promovida pola biblioteca da facultade de Bioloxía, será do 23 de abril ao 4 de maio
A BUSC organiza, co gallo da celebración do Día do Libro, unha actividade na que se anima á comunidade universitaria a partillar a cuberta do seu libro favorito, de xeito que se cree un panel colaborativo onde se reúnan todas as aportacións dos participantes.
Poderanse realizar achegas entre o 23 de abril e o 4 de maio. Para participar é necesario escanear o QR que atoparás nos distintos puntos de servizo da BUSC e seguir as instrucións que se explican neste vídeo.
A partir do día 5, publicaremos en redes as estatísticas do panel, cos libros máis populares.
