- Entity
- CSIC / Instituto de Estudos Galegos Padre Sarmiento / Xunta de Galicia
- Application start date
- Application end date

CSIC convoca proceso selectivo para a formalización de contratos para persoal técnico de apoio á I+D+i con destino en distintos institutos, centros e unidades do CSIC, mediante a modalidade de contrato formativo para a obtención da práctica profesional adecuada ao nivel de estudos, cofinanciado polo FSE+, a través do Programa de Emprego Xuvenil do FSE+.
Requisitos:
-Mozos/as menores de 30 anos, con título de grao de menos de 300 créditos ECT, obtido nos 3 últimos anos (ou ben nos últimos 5 anos, en caso de persoa con discapacidade).
-Graduados/as en Comunicación Audiovisual, Xornalismo, Grao en Xeografía e Historia, Grao en Historia ou Grao en Historia da arte, Grado en Administración e
Dirección de Empresas, Grao en Ciencias Políticas e da Administración Pública, Grao en Matemáticas, Grao en Economía e Grao en Dereito.
-Non dispoñer do título de doutor.
- Centros: Instituto De Estudos Galegos Padre Sarmiento (Santiago de Compostela), Delegación do Csic en Galicia, Centro Oceanográfico de Vigo, Instituto de Investigacións Mariñas.
- Duración dos contratos: 1 ano
- Retribución anual bruta: 26.952,94€
-
Sistema selectivo: Concurso (Expediente Académico 96 ptos, Coñecementos de Inglés: 4 ptos)