- Entity
- Centro de Investigacións Sociolóxicas
- Application start date
- Application end date

O Centro de Investigacións Sociolóxicas convoca oito axudas para a explotación do Banco de Datos, e dúas axudas para a finalización de teses doutorais en ciencia política ou sociología, en materias de interese para o Organismo.
Requisitos:
- Ter nacionalidade española ou ser nacional dalgún Estado membro da Unión ou de terceiros países con residencia legal en España.
- Estar en posesión do título de grao ou licenciatura ou titulacións equivalentes.
- Os solicitantes das axudas individuais deberán acreditar atoparse nalgún dos seguintes casos: alcanzar a Suficiencia Investigadora, estar en posesión do Diploma de Estudos, estar en posesión do título oficial de Máster universitario, ou equivalente, ou atoparse nalgún dos supostos que establece o artigo 6, apartado 2, Requisitos do Acceso ao Doutoramento, do Real Decreto 99/2011, de 28 de xaneiro, polo que se regulan os ensinos oficiais de doutoramento. Os investigadores principais de equipos de investigación solicitantes das axudas para a explotación dun dos temas propostos no obxecto desta convocatoria deberán acreditar estar en posesión do título de doutor nalgunha disciplina ou área das ciencias sociais.
- Os solicitantes das axudas para a finalización de teses doutorais deberán acreditar atoparse nalgún dos seguintes casos: alcanzar a Suficiencia Investigadora, estar en posesión do Diploma de Estudos Avanzados, estar en posesión do título oficial de Máster universitario, ou equivalente, ou atoparse nalgún dos supostos que establece o artigo 6, apartado 2, Requisitos do Acceso ao Doutoramento, do Real Decreto 99/2011, de 28 de xaneiro, polo que se regulan os ensinos oficiais de doutoramento. Ademais, deberán xustificar que se está na fase de finalización da tese doutoral en Ciencia Política ou Socioloxía.
Remuneración:
- Axudas individuais para a explotación do Banco de Datos do CIS: 6.000 euros cada unha.
- Axudas a un equipo investigador para a explotación do Banco de Datos do CIS: 10.000 euros cada unha.
- Axudas para a finalización de teses doutorais: 5.000 euros cada unha.