Skip to main content

Inscrición/Matrícula

Inscrición/Matrícula no PECAS

O ACCESO Ó FORMULARIO DESACTIVOUSE PORQUE XA SE CUBRIRON AS PRAZAS E SE ENCHEU A LISTA DE AGARDA.

Público xeral

A inscrición para o público xeral se realizará na Área de Cultura da USC, os días 24, 25 e 26 de febreiro.

Comunidade universitaria

A inscrición para membros da comunidade universitaria realizarase a partir do luns 24 de febreiro, por internet, cubrindo o formulario que ven a continuación tal como se indica e enviándoo á dirección pecas [at] usc.gal (pecas[at]usc[dot]gal). A inscrición remata o mércores día 26 de febreiro.

NOTA: Quenes xa obtiveron o crédito en anos anteriores non poderán convalidalo de novo. Aquelas persoas que xa fixeran o curso e desexen volver a inscribirse deberán permanecer á espera de recibiren unha mensaxe de confirmación na que se verifique a súa inclusión no programa, o cal se fará sempre e cando haxa prazas suficientes. Se non a recibisen antes do día da presentación significaría que xa non hay prazas.

Instruccións para cubrir o formulario

O formulario hay que cubrilo ENTEIRO (agás o apartado 4 que é opcional), e sempre en MAIÚSCULAS.

O apartado 1 corresponde ó nome, apelidos, N.I.F., facultade de procedencia e ocupación.

O apartado 2 corresponde á dirección, teléfono e correo no que poder contactar co/coa interesad@ en caso de necesidade. É obrigatorio incluir unha dirección de correo electrónico válida.

No apartado 3 cubrir TODOS os grupos por orde de preferencia, no caso de cubrir un só, pode que non queden prazas libres nel e os monitores poríanvos no grupo que menos persoas tivese. O número de grupos pode variar de acordo coa cantidade de persoas inscritas.

E por último, no apartado 4 poñer a todas aquelas persoas coas que desexaríades estar no mesmo grupo.

Unha vez cuberto correctamente só hay que envialo á dirección pecas [at] usc.gal (pecas[at]usc[dot]gal). Se obtedes praza recibiredes unha resposta.

Todos aqueles formularios que non estean cubertos correctamente serán desestimados.

The contents of this page were updated on 05.20.2025.