- Entity
- Universidade de Santiago de Compostela
- Application start date
- Application end date

Bolsas destinadas a estudantes universitarios do último curso de estudos de Grao e de primeiro curso dun máster universitario oficial para realizar tarefas de investigación en departamentos universitarios.
Requisitos:
O cumprimento de todos estes requisitos académicos ten que constar no expediente académico do/a
alumno/a o 16 de setembro:
• Para estudantes de Grao: non estar en posesión ou en disposición legal de obter un título académico de Licenciado/a, Enxeñeiro/a, Arquitecto/a, Graduado/a ou Máster Oficial.
• Para os estudos de Grao, estar cursando os últimos créditos para obter o título e ter superados o 75% dos créditos da titulación.
• Para estudantes de primeiro curso de Máster Oficial: non estar en posesión ou en disposición legal de obter un título académico de Máster Oficial ou Doutor.
• Ter a seguinte nota media: 7,25 estudos da rama de Enxeñería e Arquitectura ou Ensinanzas Técnicas; 7,70 para os das ramas de Ciencias e Ciencias Sociais e Xurídicas; 7,80 para Ciencias da Saúde ; 8,00 para Artes e Humanidades.
Número de bolsas: 84
A contía da axuda será de 2.000 € e sen dereito á gratuidade dos prezos públicos por servizos académicos.