Skip to main content

II Ciclo de Formación Online de Web of Science

O II Ciclo de Formación Online de Web of Science terá lugar entre xullo e decembro
O II Ciclo de Formación Online de Web of Science terá lugar entre xullo e decembro
A FECYT e Clarivate organizan o II Ciclo de Formación Online 2025 da base de datos Web of Science, que terá lugar durante o segundo semestre de 2025 (xullo - decembro)

O II Ciclo de Formación Online da base de datos Web of Science, organizado pola FECYT xunto con Clarivate, terá lugar durante o segundo semestre do ano (xullo-decembro), co obxectivo de dar a coñecer as actualizacións, cambios e novidades desta base de datos, por medio de varias sesións gratuitas, en español, de 60 minutos de duración.

Para participar nas xornadas é imprescindible rexistrarse cun email institucional. Unha vez realizada a inscrición, recibirase un correo de confirmación coa ligazón que se debe utilizar para acceder ao curso. As inscricións con emails comerciais serán rexeitadas. 

É necesario inscribirse cos datos persoais correctos, xa que serán os datos que aparecerán no certificado de asistencia. Este xerarase de xeito automático e recollerá todas as sesións formativas as que se asista. Para recibir o certificado requírese respostar a todas as cuestións plantexadas en directo durante a sesión de formación online.

As xornadas serán gravadas, e ao día seguinte, poderá consultarse o vídeo da sesión, así como acceder ao material da formación, que estará dispoñible na web da Fecyt.

Xa están aberto o prazo para inscribirse nas sesións de xullo. Podes consultar o seu contido e inscribirte picando aquí.

The contents of this page were updated on 06.19.2025.