O luns 8 ábrese o prazo de matrícula para os cursos básico e avanzado de Competencias en Información

O luns 8 de setembro abrirase o prazo de matrícula para os cursos de Competencias en Información para alumnado de grao (nivel básico) e para o curso de Competencias en Información para TFG (nivel avanzado). A inscrición estará aberta ata o 26 de setembro.
A matrícula para estes cursos realízase a través da Secretaría Virtual da USC en “Actividades » "Oferta"» “Cursos de Competencias en Información (CCI)” (máis información ao final da páxina). A superación do curso permite obter 1 crédito ECTS e a BUSC emitirá un diploma acreditativo da superación deste curso, que será enviado por correo electrónico ao alumnado logo de que finalice a actividade.
A Biblioteca ofrece unha segunda edición para o estudantado que prefira realizar esta formación no 2º semestre. O prazo de matrícula comezará o 19 de xaneiro e rematará o 8 de febreiro para o básico, e o 10 para o avanzado.
Para coñecer os obxectivos, contidos e metodoloxía de avaliación dos cursos, consulta as guías de Curso Básico de Formación en Competencias en Información e o Curso Avanzado de formación en Competencias en Información.