Skip to main content

Seminarios web con inscrición previa

Formacións Wiley

09.11.2025-12.10.2025 | 14.00h-15.00h

A editorial Wiley organiza novos obradoiros deseñados para autores e investigadores. Estas sesións abarcan unha ampla gama de temas, entre eles: a selección axeitada da revista, os beneficios da publicación en acceso aberto, os dereitos de autor e as estratexias para aumentar o impacto e a visibilidade das publicacións.

As formacións terán lugar entre o 11 de setembro e o 10 de decembro
As formacións terán lugar entre o 11 de setembro e o 10 de decembro

A inscrición é obrigatoria para participar nas sesións. As formacións, que terán unha duración entre 45-60 minutos, serán gravadas e enviarase un certificado de participación aos inscritos 24 horas despois do remate da  sesión.

Os temas principais a tratar serán os seguintes:

  • Comprensión do fluxo editorial con Wiley
  • Selección da revista axeitada para a nosa investigación
  • Redacción científica eficaz
  • Publicación en acceso aberto: beneficios e proceso
  • Dereitos de autor e licenzas Creative Commons
  • Estratexias para aumentar a visibilidade e impacto das publicacións

Para consultar o programa completo, as datas e inscribirte, pica aquí

 

The contents of this page were updated on 09.09.2025.