- Entity
- Concello de Santiago
- Application start date
- Application end date
Itinerario formativo que vai impartirse dentro do programa integrado de emprego dirixido a mulleres do Concello de Santiago.
Obxectivo:
Adquirir os coñecementos e a solvencia necesaria para capturar, manexar, almacenar, transformar, buscar e visualizar un conxunto de datos de gran volume e complexidade e relacionalos entre si, para extraer información de valor a partir deles, mediante unha solución Big Data de código aberto como Cloudera.
Dentro do programa, a persoa participante ten que facer cinco accións individuais de asesoramento e tres accións colectivas (itinerarios formativos, formación transversal, complementaria ou prácticas profesionais non laborais)
Duración: 150 Horas
Envía un correo a: axencialocaldecolocacion [at] santiagodecompostela.gal (axencialocaldecolocacion[at]santiagodecompostela[dot]gal) ou contacta no teléfono: 981543060