11.03.2025-11.21.2025 | 08.30h-21.30h
Neste 2025 cúmprense cincuenta anos do pasamento de Hannah Arendt, unha das pensadoras indispensables do século XX. Co obxectivo de dar a coñecer a súa obra, a biblioteca de Filosofía ofrece este mes unha mostra bibliográfica dedicada a ela.
Ademais, o día 11, ás 17:30, dentro do Ciclo de Conferencias organizado polo máster en Filosofía: Coñecemento e Cidadanía, a profesora Lorena Fuster, da Universitat de Barcelona, disertará sobre “Aspectos de la crisis en el pensamiento de Hannah Arendt” no salón de actos da facultade. A conferencia será presentada e moderada por Iolanda Martínez Suárez, coordinadora do máster. A asistencia será libre ate completar aforo.