Skip to main content

Exposición. Biblioteca Concepción Arenal

‘Cousas de familia’

11.05.2025-12.19.2025 | 12.00h-21.30h

A exposición "Cousas de familia. O dereito de familia galego no 75 aniversario do cabodano de Castelao e no 30 aniversario da Lei 4/1995, do 24 de maio, do dereito civil de Galicia" está organizada con motivo do 75 aniversario do pasamento de Daniel Alfonso Rodríguez Castelao, o Ano Castelao 2025, e do 30 aniversario da lei 4/1995.

A exposición poderá visitarse na sala de descanso da biblioteca Concepción Arenal ata o vindeiro 19 de decembro
A exposición poderá visitarse na sala de descanso da biblioteca Concepción Arenal ata o vindeiro 19 de decembro

Este mércores 5 de novembro, ás 12 h, terá lugar na sala de descanso da Biblioteca Universitaria Concepción Arenal a inauguración da exposición conmemorativa. O aforo é limitado, para confirmar asistencia é necesario enviar un correo electrónico á seguinte dirección: antonia.nieto [at] usc.es (antonia[dot]nieto[at]usc[dot]es)

A exposición está comisariada por Belén Trigo García; coordinada por Mª Paz García Rubio, Antonia Nieto Alonso e José Rodríguez Dopazo como coordinador bibliográfico.

The contents of this page were updated on 11.04.2025.