- Entity
- CESGA
- Application start date
- Application end date
O Centro de Supercomputación de Galicia (CESGA) abre unha convocatoria para incorporar a 16 profesionais ao ambicioso proxecto Demostrador Multisectorial DATAlife, centrado no enfoque One Health.
Buscamos expertos para deseñar, implementar e xestionar un Espazo de Datos soberano, seguro e interoperable co obxectivo de integralo na futura fábrica europea de Intelixencia Artificial 1HealthAI especializada tamén en saúde humana, animal e ambiental, cun investimento de 82 millóns €, o que reforza o seu posicionamento como referente tecnolóxico.
O proxecto inclúe un ambicioso programa de formación continua para que o equipo adquira competencias de alto nivel en ciencia de datos, marco legal, cloud, HPC, IA e xestión de plataformas de datos (desde a base ata tecnoloxías punteiras) asegurando o teu desenvolvemento profesional dentro do marco do proxecto. Liderazgo e Xestión: Director/a de proxecto, coordinadores/as de innovación, promoción, formación e marco legal. Enxeñería e Ciencia de Datos: Técnicos/as en enxeñería de datos, integración cloud e administración da plataforma do Espazo de Datos. Marco Legal e Negocio: Técnicos/as de investigación en marco legal de datos e análises de negocio. Promoción e Formación: Técnicos/as especializados/as en comunicación, formación e deseño de contidos científicos e tecnolóxicos.
Prazas detalladas e requisitos en: https://www.cesga.es/gl/16-prazas-proxecto-espazo-datos-onehealth/