Skip to main content
  • USC

Novo recurso electrónico dispoñible: HeinOnline Academic Core Collection

A comunidade universitaria pode acceder ao recurso previa introdución das credenciais institucionais.
A comunidade universitaria pode acceder ao recurso previa introdución das credenciais institucionais.
A BUSC, a través da Biblioteca Concepción Arenal, vén de subscribir o acceso a HeinOnline Academic Core Collection. É unha ferramenta esencial para profesionais do dereito que ofrece acceso a recursos legais, documentos históricos e a unha colección integral de revistas especializadas e libros que permiten realizar unha investigación efectiva no ámbito do dereito internacional.

A BUSC conta cun novo recurso electrónico dispoñible no ámbito xurídico: HeinOnline Academic Core Collection. É unha ferramenta esencial para profesionais do dereito que ofrece acceso a recursos legais, documentos históricos e a unha colección integral de revistas especializadas e libros que permiten realizar unha investigación efectiva no ámbito do dereito internacional.

O acceso realízase mediante recoñecemento de IPs. Polo tanto, a comunidade universitaria pode acceder previa introdución das credenciais institucionais.

Esta plataforma dá acceso a a máis de 200 revistas xurídicas revisadas por pares, esenciais para a investigación; permite consultar referencias, libros clásicos e documentos que definiron o campo do dereito ao longo do tempo e ferramentas e busca avanzadas que facilitan a localización de información específica mellorando a eficiencia da investigación. Ademais, actualízase constantemente, o que permite os usuarios manterse ao día coas últimas investigacións e tendencias no dereito.

Podes acceder a este novo recurso a través de ReBUSCa.

The contents of this page were updated on 11.05.2025.