Skip to main content

Xornada gratuíta este mércores sobre a importancia da marca persoal

Xornada gratuíta este mércores sobre a importancia da marca persoal
Xornada gratuíta este mércores sobre a importancia da marca persoal

A Área de Orientación Laboral da USC organiza para este mércores 20 unha charla dirixida a alumnado de último curso e titulados recentes sobre a importancia da marca persoal e o valor diferencial para dirixir a carreira profesional. A actividade correrá a cargo de Verónica Ramallal, CEO da axencia creativa Pekecha.

Entre outras cuestións, na charla aprenderase a converter as rarezas persoais en virtudes, xestionar a propia imaxe profesional nas redes sociais, conseguir ser a opción seleccionada e ser vistos como se desexa profesionalmente.

O obradoiro será de 16:30 a 20:30 horas na Aula 6 da Facultade de Relacións Laborais e aínda que é gratuíto se precisa inscrición previa.

The contents of this page were updated on 04.19.2016.