Skip to main content

Presentación pública do libro La Cátedra de Farmacología de la Facultad de Medicina de Santiago de Compostela

A USC e o Consorcio de Santiago editan o libro La Cátedra de Farmacología de la Facultad de Medicina de Santiago de Compostela, unha obra da que é autor o profesor Ángel Belmonte Vicente coa colaboración do tamén profesor e presidente da Real Academia de Medicina e Cirurxía de Galicia, José Carro Otero.

O volume presentarase este mércores 10 nun acto público ás 11.00 horas no Salón Reitoral do Colexio de San Xerome no que intervirán, ademais do autor, o reitor Juan Viaño e o presidente do Consorcio de Santiago, Martiño Noriega Sánchez. Na mesa presidencial estarán presentes tamén o decano da Facultade de Medicina e Odontoloxía, Juan Gestal Otero; o presidente da Real Academia de Medicina e Cirurxía de Galicia; os directores dos servizos de Publicacións da USC e do Consorcio, Juan Blanco Valdés e Juan Conde, respectivamente; o director do Departamento de Farmacoloxía e prologuista da obra, José Gil Longo; e catedrático e tamén prologuista do volume, Manuel Freire-Garabal Núñez.

O volume ilustra unha parte da historia da Facultade de Medicina da USC a partir do relato de José Carro, quen fai un percorrido histórico polas ensinanzas da farmacoloxía en Santiago entre 1846 e 1928, e de Ángel Belmonte, que achega as vicisitudes históricas da Cátedra de Farmacoloxía entre 1807 ata a actualidade.

The contents of this page were updated on 02.09.2016.