Ciencias Políticas celebra este xoves o patrón cunha conferencia de Antonio Elorza sobre a situación política actual
‘Catro partidos e un bloqueo político: as causas’ é o título da conferencia que o catedrático de Ciencia Política da Universidade Complutense Antonio Elorza Domínguez pronunciará este xoves 17 ás 12.00 horas no salón de graos da Facultade de Ciencias Políticas e Sociais da USC.
Con este relatorio, de entrada libre, o centro celebra o seu patrón, que contará coa presenza da decana, Maria Antonia Arias, e do resto do equipo de goberno.