Skip to main content

O profesor da Facultade de Medicina e Odotoloxía Juan Blanco, elixido presidente da European Federation of Periodontology

O profesor Juan Blanco foi elixido na Asemblea Xeral de EFP celebrada recentemente en Berlin
O profesor Juan Blanco foi elixido na Asemblea Xeral de EFP celebrada recentemente en Berlin

O profesor da Facultade de Medicina e Odontoloxía Juan Blanco Carrión acaba de ser elixido presidente da European Federation of Periodontology (EFP), entidade que agrupa 29 sociedades científicas a nivel europeo e que na actualidade conta con máis de 14.000 membros, o que a converta nunha das máis numerosas e prestixiosas do ámbito odontolóxico no plano internacional. O nomeamento produciuse na Asemblea Xeral da Federación celebrada recentemente en Berlín.

Profesor de Periodoncia do Departamento de Estomatoloxía da USC, Juan Blanco é ademais director do Máster en Periodoncia e do programa en formación continua homónimo. Tamén ocupa a presidencia da Sección Ibérica do International Team of Implantology (ITI) e é membro do Comité Internacional de Investigación ITI, ademais de ter presidido a Sociedade Española de Periodoncia.

The contents of this page were updated on 05.06.2016.