Skip to main content

Comezan en Filoloxía unhas charlas sobre o Servizo Alemán de Intercambio Académico

Comezan en Filoloxía unhas charlas sobre o Servizo Alemán de Intercambio Académico
Comezan en Filoloxía unhas charlas sobre o Servizo Alemán de Intercambio Académico

Este martes 4 na Facultade de Filosofía comezará un programa de presentacións das bolsas DAAD, Servizo Alemán de Intercambio Académico, a maior organización a nivel mundial para o intercambio internacional de estudantes e científicos. A lectora de alemán na USC Sina Menrad impartirá estas charlas cuxa primeira cita se celebrará ás 16.30 horas na Aula 1 de Filosofía.

As presentacións repetiranse en Filoloxía o próximo martes 11 de outubro, ás 16.00 horas na Aula C07, e en Dereito, no Salón de Graos a partir das 19.00 horas, o martes 18 de outubro. Dende a súa fundación en 1925, o DAAD apoiou a preto de dous millóns de académico en Alemaña e no estranxeiro. Actúa a modo de asociación das universidades alemás e dos estudantes.

The contents of this page were updated on 10.03.2016.