Skip to main content

A USC e o Club Financeiro de Santiago formalizarán un convenio de prácticas para o alumnado de Ciencias Económicas e Empresariais

O reitor da USC, Juan Viaño, e o presidente do consello de administración do Club Financeiro de Santiago, Roberto Pereira Costa, asinarán este venres 28 un convenio de colaboración para a realización de prácticas de alumnado da Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais da USC. A sinatura protocolaria celebrarase no Salón Reitoral do Colexio de San Xerome a partir das 11.00 horas. O documento a asinar permitirá tamén a colaboración puntual en traballos académicos das empresas asociadas ao Club Financeiro, a participación de directivos en xornada formativas do centro universitario ou a organización de visitas, entre outros aspectos. O acordo está dirixido ao alumnado tanto de grao como máster das titulacións impartidas na facultade compostelá.

The contents of this page were updated on 05.28.2015.