Skip to main content

A promoción 2009-2015 de Medicina celebra este mércores o seu acto académico de graduación

O reitor Juan Viaño presidirá este mércores 15 o acto de graduación da promoción 2009-2015 de titulados e tituladas de Medicina. Xunto ao reitor tamén participarán o decano da Facultade de Medicina e Odontoloxía, Juan Gestal; o xerente do Complexo Hospitalario Universitario de Santiago, Luis Verde Remeseiro; o presidente do Consello de Colexios Médicos de Galicia, Luciano Vidán Martínez; e o presidente da Real Academia de Medicina de Galicia, José Carro Otero, entre outras personalidades. A xornada celebrarase no Pazo de Congresos e Exposicións de Galicia a partir das 12.00 horas. Logo da intervención do padriño da promoción, o doutor Juan Domínguez Muñoz, e da proxección de dous vídeos conmemorativos da distintos momentos da etapa universitaria desta promoción, tomará a palabra Yago Vilela González en representación do alumnado, ao que seguirá a entrega de diplomas conmemorativos. A quenda de palabra do decano da Facultade de Medicina, precederá á lectura da Declaración de Xenebra que lerán Susana Martínez García e Daniel Falkenhain López.

The contents of this page were updated on 04.14.2015.