Skip to main content

O musical ‘Tres días de galerna’ celebra o mércores un ensaio xeral

O musical ‘Tres días de galerna’, que organiza un grupo de estudantes de Ciencias da Comunicación, celebrará este mércores 15 un ensaio xeral da súa produción. Os equipos de interpretación, música e danza representarán o primeiro acto do libreto a partir das 19.00 horas no Auditorio da Facultade de Ciencias da Comunicación. Bailaríns, bailarinas e intérpretes musicais estarán traballando nas coreografías dende as 17.00 horas nunha sesión aberta ao público xeral así como aos medios de comunicación interesados. ‘Tres días de galerna’ é un musical ambientado nos anos 60 sobre amor, amizade e momentos únicos na vida das persoas e que ademais forma parte do traballo fin de grao de alumnado de Ciencias da Comunicación coa colaboración da Área de Cultura da USC e de Canal Campus Lab.

The contents of this page were updated on 04.14.2015.