Skip to main content

García Mira analiza en Formación do Profesorado a investigación no eido das Ciencias Sociais e das Humanidades

O relatorio do coordinador do proxecto europeo sobre estilos de vida sustentable e economía verde comezará ás 17.30 horas no salón de actos do centro universitario

O catedrático de Psicoloxía Social e Ambiental da Universidade da Coruña e coordinador do grupo de investigación Persoa-Ambiente, Ricardo García Mira ofrecerá este mércores, a partir das 17.30 horas, no salón de actos da Facultade de Formación do Profesorado do campus de Lugo da USC, un relatorio baixo o título ‘ Abordando a investigación desde o ámbito das Ciencias Sociais e as Humanidades. O programa “ Horizon 2020”. Posibilidades para o centro’.

García Mira é tamén editor europeo do Journal of Architectural and Planning Research e membro do consello editorial de revistas como Journal of Environmental Psychology, Psyecology, entre outras. Investigador en activo ao longo das últimas dúas décadas, García Mira traballou na avaliación do impacto ambiental de problemas sociais como, por exemplo, o desastre do Prestige (2002-2008) ou os incendios en Galicia en (2006-2007). Na actualidade, este doutor formado na USC, coordina o proxecto europeo GLAMURS (Green Lifestiles, Alternative Models, and Upscaling Regional Sustainability), sobre estilos de vida sustentable e economía verde. É presidente (2014-2018) da sociedade interncional IAPS (International Association for People-environment Studies).

Algúns dos seus libros máis recentes son Culture, Environmental Action and Sustainability (2004, Hogrefe); Housing, Space and Quality of Life (2005, Ashgate); Sostenibilidad, Valores y Cultura Ambiental (2009, Pirámide).

The contents of this page were updated on 04.29.2015.