O economista Miguel Bello Vázquez destaca a importancia das vendas nas empresas na Facultade de ADE
O economista e consultor Miguel Bello Vázquez, máster IESE de alta dirección de empresas e profesor en distintas escolas de negocio de España, destacou na Facultade de Administración e Dirección de Empresas do campus de Lugo, a importancia das vendas na empresa como forza de negocio nunha contorna de crise. O relatorio de Miguel Bello Vázquez, quen, entre outros cometidos, ten sido responsable de vendas de Pirelli S.A. e director comercial e de marketing e de exportación da empresa Zardoya Otis S.A., enmárcase dentro do proceso de colaboración iniciado entre a Facultade de ADE e a asociación Seniors Españois para a Cooperación Técnica e Empresarial (Secot). Na súa intervención diante de estudantes e docentes, este integrante de Secot, un colectivo sen ánimo de lucro do que forman parte antigos empresarios e directivos que ofrecen de balde o seu coñecemento e as súas experiencia a prol da xestión empresarial remarcou a figura do vendedor na vida das empresas.
O vicerreitor de Densenvolvemento Científico e Tecnolóxico do campus de Lugo, Andrés Barreiro; a decana da Facultade de ADE, Begoña Barreiro, e a presidenta de honra de Secot, Mónica de Oriol e Icaza, presentaron ao relator Miguel Bello antes da súa intervención ante o alumnado da Facultade de Ade.
Estudantes e docentes da Facultade de Ade, no relatorio de Miguel Bello