A estudante Andrea Campañó Prego gaña o Premio Javier Marañón da Facultade de Relacións Laborais
A alumna Andrea Campañó Prego gañou a cuarta edición do Premio Javier Marañón, galardón da Facultade de Relacións Laborais de Santiago que trata de honrar a figura de quen fora director deste centro. O premio recoñece a un/unha estudante do grao en Relacións Laborais e Recursos Humanos que acredite no seu paso pola Facultade un comportamento humano e académico no que se reflicten os valores que exemplificou a persoa que dá nome ao premio. O premio, dotado dunha contía económica de 600 euros, está patrocinado polo Colexio Oficial de Graduados Sociais de A Coruña e Ourense. Premio Javier Marañón En virtude dun convenio asinado coa USC en 2014, o Colexio de Graduados Sociais da Coruña e Ourense patrocina o premio anual ‘Javier Marañón’, recuperando un galardón que toma o seu nome de quen fora director da antiga Escola Social no momento da súa incorporación á USC como Escola Universitaria de Graduado Social. Con esta iniciativa preténdese honrar a memoria do docente, a quen tamén se dedica unha aula da Facultade.