Skip to main content

A reivención dos comúns, unha reflexión sobre cultura dixital e territorio

A reivención dos comúns, unha reflexión sobre cultura dixital e territorio
A reivención dos comúns, unha reflexión sobre cultura dixital e territorio
UNIVERSIDADE DE VERÁN 2015

Convidar a pensar outros modos de habitar, de novo, o lugar, que cuestionen a lóxica temporal do propio. Ese é o ofrecemento que fai o curso de verán ‘A reinvención dos comúns: cultura dixital e territorio’ que se desenvolverá na Facultade de Filosofía os días 18 e 19 de4 xuño e cuxo prazo de matrícula remata este venres 5. Organizado por Beatriz Blanco Vázquez, no curso reflexionarase sobre a emerxencia actual dos bens comúns dende a especificidade da situación galega, coa fin de conectar as prácticas contemporáneas no eido das novas tecnoloxías (software libre, p2p) e as prácticas de xestión de recursos propias da cultura tradicional. Entre outras cuestións, tratarase cómo a cultura dixital recupera aspectos fundamentais das culturas tradicionais e o valor dos montes veciñais en man común como facedores de futuros. Ademais, farase un percorrido polos territorios e cousas urbanas sen rematar máis presentes en Galicia e rematarase tratando a traxectoria do pensamento feminista do común.

The contents of this page were updated on 06.02.2015.