Investigadores galegos, portugueses e brasileiros participan no encontro ‘Viaxeiros: do antigo ao novo mundo’
‘Viaxeiros: do antigo ao novo mundo’ é o lema dun encontro internacional que reunirá na Facultade de Filoloxía a a investigadores galegos, brasileiros e portugueses para explorar en todas as súas dimensións o mundo das viaxes e dos viaxeiros dende a antigüidade ata o século XVI. O reitor presidirá a sesión inaugural ás 9.30 horas no Salón de Actos da Facultade de Filosofía. O encontro celebrarase na USC ata o próximo día 8, para logo trasladarse a Coimbra (9 de xuño), a Alcobaça, Batalha e Tomar, rematando en Lisboa, entre os días 11 e 13. Esta é unha iniciativa impulsada pola Rede de Estudos Medievais Interdisciplinares que se desenvolverá entre Portugal e a Galiza e que propón un percorrido amplo e interdisciplinar sobre a ampla circulación de ideas, obxectos e persoas no pasado.