Skip to main content

Investigadores galegos, portugueses e brasileiros participan no encontro ‘Viaxeiros: do antigo ao novo mundo’

O reitor, no centro da imaxe, presidiu a sesión inaugural do encontro. Foto: Servimav-USC
O reitor, no centro da imaxe, presidiu a sesión inaugural do encontro. Foto: Servimav-USC
Celebrarase ata o 13 de xuño na USC e en diversas localidades de Portugal

‘Viaxeiros: do antigo ao novo mundo’ é o lema dun encontro internacional que reune na Facultade de Filosofía persoal investigador galego, brasileiro e portugués para explorar en todas as súas dimensións o mundo das viaxes e dos viaxeiros dende a antigüidade ata o século XVI. O reitor presidiu a sesión inaugural nunha xornada no Salón de Actos da Facultade de Filosofía. O encontro celébrase na USC ata o próximo día 8, para logo trasladarse a Coimbra (9 de xuño), a Alcobaça, Batalha e Tomar, rematando en Lisboa, entre os días 11 e 13. Esta é unha iniciativa impulsada pola Rede de Estudos Medievais Interdisciplinares que se desenvolverá entre Portugal e a Galiza e que propón un percorrido amplo e interdisciplinar sobre a ampla circulación de ideas, obxectos e persoas no pasado.

The contents of this page were updated on 06.04.2015.